O slogan municipal SOMOSMOS da a benvida ao concello nas súas entradas por estrada. Así instalouse a sinalización de SOMOSMOS en todas as rotondas e interseccións viarias de entrada a Mos, que comezaba a principios de ano pola do Alto de Puxeiros en Tameiga e remataba o 2021 cos novos letreiros luminosos en Cela-Alto de San Cosme, Louredo-Os Valos, Torroso-Peinador e Guizán-Santiaguiño. Nas rotondas das Angustias e Costilleta xa se atopaban instalados os sinais de SOMOSMOS desde fai varios anos.

Benvida a Mos