A programación de Nadal do Porriño inclúe para esta fin de semana pasarrúas das rondallas de Santa Eulalia de Atios e de Pontellas,que percorrerá tamén as parroquias. O pasarrúas partirá hoxe, ás 16.30 horas, da Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros, ás 18.00 horas chegará ao casco urbano e ás 19.30 horas lucirá na Asociación Cultural Os Penediños de Atios. Mañá de novo. Partirá da sede da Asociación Cultural de Chenlo, ás 16.30 horas, para continuar, ás 18.30 horas, na sede da Asociación Cultural San Xurxo de Mosende. Ás 19.30 horas, soará na sede da Asociación Cultural de Pontellas.

Teatro, rondallas e personaxes no Nadal do Porriño

O Apalpador visitará o mércores, 22 de decembro, ás 17.00 horas, as rúas do Porriño.

Un espectáculo familiar representarase o xoves 23, ás 18.00 horas, no auditorio do Centro Cultural Municipal a obra “Un mar de burbullas”, a cargo da Compañía Barafunda.

O venres, 24 de decembro, Papá Noel visitará as rúas do Porriño entre as 17.00 e as 20.00 horas.

O domingo, 26 de decembro, o auditorio do Centro Cultural Municipal do Porriño acollerá a obra “Rosalía” da compañía Sarabela. Unha proposta de teatro familiar que comezará ás 18.00 horas.

O martes 28, no Porriño haberá teatro de monicreques. Un espectáculo familiar titulado “O castiñeiro do Apalpador”, ás 18.00 horas, no centro cultural municipal. Unha obra de Fantoches Baj moi orixinal.

Os días 29 e 30 de decembro o centro cultural terá obradoiros de Nadal para a cativada de 17.00 a 20.00 horas.

O día 31 o grupo Feixoada fará un pasarrúas polas rúas do centro.

Iniciado xaneiro, o domingo 2, pasarrúas e exhibición de rondallas no pavillón ás 18.00 horas.

O martes 4, os Reis Magos percorrerán as parroquias do Porriño desde as 16.30 horas e ao día seguinte, o xoves 6, as súas Maxestades visitarán o exterior do centro cultural municipal, entre as 17.00 e as 20.00 horas.