O Porriño presenta este ano un “Nadal de Conto”. Así, a decoración que lucirá na vila xira en torno aos clásicos Alicia no país das marabillas, Aladino e a lámpada marabillosa, As aventuras de Pinocho, Vinte mil leguas de viaxe submarina e O Mago Merlín.

A programación dará comezo hoxe mesmo cando as rondalla de Pontellas e Santa Eulalia de Atios inicien o seu percorrido polas diferentes parroquias, a onde levarán a súa música todas as fins de semana de decembro, culminando coa actuación do día 2 de xaneiro, a partir das 18.00 horas, nas rúas do casco urbano e posterior exhibición no pavillón de deportes.

Os eventos centraranse na segunda quincena de decembro e primeira semana de xaneiro. Haberá cinema, música, teatro e, por suposto, as visitas do Apalpador (día 22), Papá Noel (24) e os Reis Magos (4 e 5).

Os eventos programados en interior son de entrada libre, de balde e con capacidade limitada ata completar o espazo. Os eventos de exterior, en caso de choiva, adiaranse. Toda a programación actualizada pode consultarse na páxina web www.ecultura.net