O Concello de Salvaterra de Miño acendeu as súas luces de Nadal o pasado 1 de decembro. O goberno local, que se viu obrigado a suspender a Festa do Viño Espumoso da D.O. Rías Baixas polo aumento de casos de coronavirus, lanza unha mensaxe de optimismo á súa veciñanza co prendido da iluminación festiva: “Que estas luces transmitan alegría e esperanza a tod@s nos momentos que nos toca vivir. A ilusión é fundamental para facerlle fronte a unha situación a que ás veces non lle vemos fin”.

Luces con forma de anxos nos farois. | // FDV