deporte
Videomarcador no pavillón de deportes da Cañiza
Instalada unha pantalla LED multideporte para visionar os partidos e os resultados no Carballo do Marco
![O novo marcador instalado no pavillón de deportes da Cañiza. // D.P.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/a582a5d1-83ec-4377-9407-9ee1de1665af_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
O novo marcador instalado no pavillón de deportes da Cañiza. // D.P. / V.P.
V.P.
O público xa non se despistará de como vai o partido no pavillón de deportes da Cañiza. Agora conta con videomarcador.
A instalación desta pantalla deportiva, “Mondo Smart System modelo ANTARES” permite visionar en calidade LED os encontros disputados, resultados, informacións propias do Concello e das entidades deportivas e servizos publicitarios. Ademáis poderase utilizar como soporte audiovisual para cualquera outro evento non deportivo.
Para a adquisición e instalación desta pantalla Led “multideporte” o Concello aportou de fondos propios 5.800€euros e os restantes 20.000€euros do seu custe están subvencionados pola Xunta, a través dos convenios de colaboración suscritos pola Subdirección Xeral de Xestión deportiva 2021.
Trátase dunha pantalla led deportiva de 10 m2 de última xeneración de elevada luminosidade (3500 nits) e alto grao de protección IP cunhas dimensión de 4x2,5m e pitch 4.8 mm con tecnología led SMD, capaz de aportar un amplio ángulo de visión ( 140º horizontal e vertical). Ademáis o seu baixo consumo suporá un importante aforro enerxético.
“Esta instalación municipal necesitaba varias reformas e acondicionamentos por ser un dos centros deportivos onde máis clubs entrenan e xogan ademáis de ser a sede do Club Balonmán Cañiza: equipo de élite do noso Concello” explicou o alcalde cañicense, Luis Piña.
A instalación desta pantalla deportiva súmase á actuación inaugurada o pasado 26 de outubro pola presidenta da Deputación, Carmela Silva. A reforma integrada dunha das dúas zonas destinadas a vestiarios, duchas e aseos do pavillón Carballo do Marco. Unha obra subvencionada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación 2020 cun investimento de 46.700 euros.
Estas dúas actuacións veranse completadas coa sinatura dun convenio coa Dirección Xeral de Administración Local da Xunta para a reparación do tellado do pavillón, para eliminar o filtrado de augas pluviais hacia a pista de xogo, solicitada polo goberno cañicense.
De feito, o pasado sábado, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, estivo no pavillón cañicense convidada polo presidentedo Clube Balonmán Cañiza e avanzou que o Goberno galego aportará máis de 70.000 euros para reparar a cuberta do polideportivo, a reposición de lucernarios e baixantes.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda