Salvaterra de Miño celebrará a primeira fin de semana de decembro, os días 4 e 5 de decembro, a Festa do Viño Espumoso 2021, que acada a súa sétima edición.

As persoas asistentes terán unha ampla variedade gastronómica para acompañar cos viños espumosos da D.O. Rías Baixas. Poderán degustar racións de salgados e doces: ostras, lamprea rechea, empanada, mexilóns, tapas, embutidos, filloas, bombóns, turrón ou chocolate.

Salvaterra é unha vila milenaria e aproveitará o seu fermosísimo recinto amurallado á beira do Miño para celebrar nunha carpa climatizada a súa festa organizada polo Concello de Salvaterra e a Cofradía do Viño Condado do Tea e Espumosos.

A celebración comezará o sábado 4 ñas 12.00 horas coa actuación da Banda de Gaitas Pontenova e a apertura dos expositores.

Ás 13.00 horas será a apertura de botellas de espumoso con “degüelle a sable”.

Pola tarde, ás 18.30 horas, celebrarase un coloquio sobre os viños espumosos, impartido por Luis Paadín e Alejandro Paadín, Ambassadeurs du Champagne de España e Formadores Homologados de Cava.

Pola noite haberá actuacións musicais. Ás 21.00 horas, actuación do grupo Reversión co cantante Julia Rodrigues e Broken Peach.

O domingo, 5 de decembro, os stands dos espumosos D.O. Rías Baixas e os postos de comida abrirán ás 11.00 horas.

Media hora despois, ás 11.30 horas, será o acto de nomeamento dos novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos.

Ás 12.00 horas, momento de novo de poder gozar da espectacularidade da apertura de botellas de espumoso con “degüelle a sable”. O primeiro Ambassadeur du Champagne de España, Luís Paadín ,presentará “Armonía e mardiaxe dos viños espumosos ao público”.

Pola tarde, ás 17.00 horas, concerto de piano. Ás 19.00 horas, actuación do grupo “Amnesia” e xa cara a noitiña, de 20.00 a 23.00 horas, programa da Televisión de Galicia “Festeiros “ coa actuación do showman Alberto Cunha e o grupo “Algo pasa con Mery”.

O Concello de Salvaterra de Miño recupera este decembro a súa festa de outono que permite ensalzar os viños espumosos D.O. Rías Baixas, saboreando manxares da terra á vez que se escoita música en directo.