Dúas recollidas, de lixo e produtos, foron as últimas iniciativas solidarias organizadas no Concello de Salceda de Caselas. En Parderrubias mentres á veciñanza desfrutaba dunha ruta polos montes da parroquia ía recollendo o lixo tirado nos sendeiros. Por outra banda, Protección Civil instalou un posto na Praza do Concello no que se recadaron un total de 500 quilos de produtos de hixiene persoal que foron enviados a Los Llanos de Aridane, na illa da Palma, destinados ás persoas afectada pola explosión do volcán.