O presidente do Instituto de Estudios Tudenses, Xavier Añoveros, entregou esta semana ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, un exemplar no novo número de “Castellum Tyde”, a revista que edita o Instituto de Estudios Tudenses co patrocinio do Concello de Tui. Con este tomo a revista de investigación acada o seu sétimo número, motivo de gran satisfacción para o presidente do Instituto pois testemuña unha continuidade no traballo que ven desenvolvendo esta entidade que agrupa a preto dunha trintena de estudosos e investigadores.

Entre os 15 traballos publicados neste número, dedicado á lembranza do cronista oficial de Tui Manuel Fernández Valdés Costas, salientan os artigos do Club Espeleolóxico Maúxo sobre as Covas da Trapa – Ribadelouro onde dan a coñecer este singular monumento natural; a Revisión da presenza xudía en Tui, de María Gloria de Antonio Rubio ou o estudo sobre a traxectoria de Rafael Areses Vidal, “un forestal galego incansable”, a cargo de Jesús Pemán García, Antonio Morcillo San Juan e Juan Picos Martín.