A memoria histórica das mulleres do Rosal protagoniza segundo mural do programa “Revolucionando mentes”. Situado no exterior do pavillón dos deportes, é obra de Vanesa Álvarez e Lorena Arévalo e nel móstrase a traxectoria vital de tres mulleres nas que O Rosal personifica a homenaxe a tódalas mulleres da súa historia. A presidenta da Deputación, Carmela Silva e a alcaldesa, Ánxela Fernández, inaugurárono esta semana nun acto no que estiveron acompañadas por familiares destas tres rosaleiras: Xulia Suárez, que reivindicou os dereitos das mulleres durante o franquismo dende a súa profesión como enfermeira; Rufina Domínguez, que loitou a prol da II República chegando a esconder na súa casa ao último alcalde republicano do Rosal e Adela Álvarez, un exemplo de muller dinamizadora da colectividade dende un ámbito rural como a parroquia de Fornelos e autora de diversas pezas poéticas en galego