Eu Rural
Mulleres impulsoras do avance no rural

Participantes no I Foro da Muller Galega celebrado en Tui. | // D.P. / L. COSTAS
L. COSTAS
Recoñecer o valor das mulleres como peza fundamental para o desenvolvemento do territorio foi o obxectivo do I Foro da Muller Galega celebrado na UNED en Tui. Máis de medio cento de persoas participaron neste punto de encontro posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural en colaboración co Concello de Tui co gallo do Día Internacional da Muller Rural.
O primeiro paso dun foro que percorrerá os 13 concellos do territorio e que servirá “para intercambiar impresións, sumar sinerxías, tecer redes... e para que a poboación coñeza o valor que hai detrás das mans que suxeitan o rural”. Así o salientaba Sandra González, presidenta do grupo de desenvolvemento Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, durante a xornada, na que se puideron “ver claros exemplos de mulleres valentes, talentosas, emprendedoras, impulsoras de avance que asumiron o legado de construír un rural máis igualitario”, como apuntou Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui.
En total 19 mulleres emprendedoras deron a coñecer os seus 12 proxectos. Son Paula Villa, de Panadería Morales (A Guarda); Olalla Fernández, Cris Grande e Silvia Álvarez, de Ño Espazo Creativo (Baiona); Nuria e Uxía Benlloch e Antía Varhas, de Las flores de Greta (Gondomar); Marta Bargiela, do Centro de Día Adiante Mos; Águeda Ubeira, de Chupipostres (Nigrán); Fé González, de Areladefe Xoiería (Oia); Ana González, María del Carmen Escobar e María del Carmen Iglesias, de A Casa da Arenca das Maruxainas (O Porriño); Selene Domínguez, de Casa do Maior A Lavandeira (Pazos de Borbén); Ana Isabel Iglesias, de Pensión Rúa do Medio (Redondela); Noelia Goce e Eva María Baz, de Eira arquitectura SCP (O Rosal); Inés Solleiro, da Residencia Siempre Cuidándote (Tomiño) e Lissete Anziani, de Kóoch Green Cosmetics (Tui).
Cada ano, o Foro reservará un espazo para o recoñecemento de mulleres que son e foron pezas fundamentais para o desenvolvemento do territorio. Nesta primeira edición rendeuse homenaxe á tudense María Teresa Ubeira, por toda unha vida loitando por demostrar que existe outra forma de educar. Fundadora xunto a Juan Llauder de O Pelouro, leva dende 1973 “sementando dende unha parroquia tudense un proxecto innovador o que cada neno e cada nena teñen o seu protagonismo”.
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Antonio Guerrero, gastroenterólogo: 'El cáncer de hígado es asintomático, pero una simple ecografía puede salvarte la vida
- Un tiktoker logra acceder a la Isla de Toralla y muestra a sus seguidores lo que nunca se ve: «Qué locura»
- Su hija se corta el pie en una piscina de Samil: «El socorrista me dijo que le había pasado a otros niños, pero aún no se arregló»
- Desahucian a una mujer y a su hijo en Vigo: «En este momento soy una sintecho; me echaron de una casa de la que soy copropietaria»