recoñecemento

Baiona é premiada á mellor xestión deportiva

O galardón foi entregado nunha gala en Arteixo

O alcalde Carlos Gómez (esquerda) recibindo o galardón na gala celebrada o pasado martes.   | // D. P.

O alcalde Carlos Gómez (esquerda) recibindo o galardón na gala celebrada o pasado martes. | // D. P. / l. c.

l. c.

A Sociedade Galega de Xestores Deportivos (Agaxede) concedeu ao Concello de Baiona o premio ao mellor concello de Galicia en xestión deportiva na categoría de concellos de menos de 15.000 habitantes.

O alcalde Carlos Gómez felicita a Agaxede polo continuo labor de promoción e impulso ao deporte que levan a cabo a nivel rexional e mostrouse “agradecido e satisfeito” ao coñecer a noticia, porque “máis aló do resultado final, constitúe un aliciente ao magnífico labor que realizan todos e cada un dos profesionais, amantes e afeccionados que directa e indirectamente están vinculados a esta área nun municipio que, como Baiona, é deporte”.

O lema “Baiona co deporte”, engade o rexedor, “é algo máis que palabras; reflicte o esforzo que realizamos a diario neste Concello para pór ao servizo dos baioneses, deportistas federados e non federados, amantes do deporte en xeral que temos no noso municipio”.

O galardón, que recibiu fisicamente na gala que se celebrou o pasado martes en Arteixo, recoñece a Baiona como o pequeno concello galego que mellor desenvolve o potencial do seu deporte local e fomenta os hábitos de vida saudables entre a veciñanza.