emprego
Tres cursos para mellorar o currículo en Covelo
Manipulación de alimentos, transporte escolar e comedor e carretillas elevadoras

Operador de carretillas elevadoras. | // FDV / v. Palleiro
v. Palleiro
O Concello de Covelo ten en marcha a segunda fase do programa Municipal de Formación 2021 que impulsa distintas accións formativas destinadas a mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción no mercado de traballo das persoas desempregadas do municipio.
Ao longo deste mes e o vindeiro impartiranse tres cursos formativos: Un de manipulador de alimentos de 4 horas, outro de acompañante de transporte escolar e comedor de 20 horas de duración e un terceiro de operador/a de carretillas elevadoras que durará 15 horas.
O curso de manipulador de alimentos celebrouse o pasado xoves e foi gratuíto para os empadroados en Covelo.
Os outros dous cursos aínda non se impartiron. O de acompañante de transporte escolar e comedor comezará o 18 de outubro e celebrarase no edificio de usos múltiples de Covelo.
O terceiro curso aínda ten o prazo de inscrición aberto ata o 25 de outubro. É un curso de operador de carretillas elevadoras e impartirase do 2 ao 4 de novembro. Ao igual que os demais é gratuíto para as persoas empadroadas en Covelo.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Entrega del bote de 'Pasapalabra': Antena 3 modifica así el horario del esperado momento
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Extinguido el impresionante incendio en una nave de gestión de residuos en Porriño
- Desaparece en el Atlántico un piloto de Redondela afincado en Vilagarcía
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Los dragones escupen arena en A Lanzada