O pavillón municipal Álvaro Pino acolleu a arredor de 60 deportistas que disputaron máis de 100 partidos nos que todos os xogadores sub 19 do Club Bádminton Ponteareas subiron ao podio, acadando un total de 14 medallas.

Irene Lemos proclamouse Campioa Galega sub 9 nas tres modalidades que participou (individual feminino, dobres femininos, dobres mixtos). Pola súa banda, Roi Vilchez rematou a competición cun ouro e dous bronces, Eva Lemos, con outro ouro e dous bronces, Marta Ucha con prata e bronce, Mario Souto con prata e bronce e Uxía Castro con prata en dobres femininos.

A competición estivo organizada polo propio club en colaboración co Concello de Ponteareas e a Federación Galega de Bádminton e co patrocinio da Deputación de Pontevedra e o Servizo de Deportes da Xunta de Galicia.