Gondomar despediu ata o vindeiro curso as súas escolas deportivas. Máis de 150 usuarios participaron desta iniciativa que se viñan celebrando nas instalacións municipais dende o pasado mes de marzo. Todo eles dinlle adeus coa confianza de poder repetir o próximo curso e xa en condicións acordes á normalidade que “todos estamos desexando recuperar canto antes e cara á que camiñamos”, afirmou o alcalde Paco Ferreira.

A pesar de que a pandemia supuxo unha redución na duración, as actividade foron un éxito. Así, moitos dos rapaces iniciáronse en moitos casos en modalidades que ata o de agora non practicaran. na edición 2020-2021 ofreceuse ximnasia de mantemento, iniciación ao deporte, judo, balonmán, baloncesto e patinaxe, cubríndose todas as prazas dispoñibles en cada unha das modalidades.