O Concello de Soutomaior acóllese ao ciclo de concertos “O país das bandas” promovido pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística na nosa Comunidade. Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22.

Así, mañá domingo, na Alameda Talo Río de Arcade, actuará a Banda de Música de Cerdedo. O concerto dará comezo ás 21.00 horas e a entrada será totalmente de balde. A capacidade está limitada e irase cubrindo por orde de chegada dos asistentes.