O Sendeiro dos Pescadores que transcorre á beira do río Miño, en Arbo, conta con dous miradoiros estratéxicos; o do Bravo e o de Amieira. O Concello de Arbo colocou, en ámbolos dous, bancos de madeira para que os visitantes poidan sentar a contemplar a paisaxe. Ao mesmo tempo, poderán facer fotografías neles que logo subirán ás redes sociais e será unha canle para promocionar Arbo como destino turístico. O Concello destaca que non rompen co entorno e permiten relaxarse escoitando o son único das augas do río Miño.