A Agrupación Muscial do Rosal celebra este ano o seu 35 aniversario. Ao longo da súa historia, a banda rosaleira ten acadado moitos e importantes recoñecementos a nivel galego e estatal, converténdose nunha das máis galardoadas da nosa comunidade. Ao mesmo tempo, a súa escola ten sido un viveiro de grandes músicos que ocupan, actualmente, postos de relevancia en diferentes ámbitos culturais. Dende que se fundou no ano 1986, baixo a batuta de Nani Matos, diferentes directores foron os responsables de guiar a este grupo que na actualidade está dirixido por Javier Alonso.