A cañicense Matilde cumpriu 101 anos. Polo seu aniversario, o alcalde da Cañiza, Luis PIña, e a tenente alcalde, María José Rodríguez, achegáronse á casa da súa filla Josefa, coa que vive, para darlle os parabéns. Entregáronlle unha cesta de flores, ao ser unha das cañicensese máis lonxevas. Aos seus 101 anos Matilde le perfectamente, así que puido saber por si mesma o que puña a dedicatoria das flores. Moi abrigadiña no seu sillón recibiu cun sorriso o agasallo e as felicitacións do alcalde e a edil.