Os estudantes do IES de Salvaterra vanse encargar de encher de cor e arte o centro da localidade. Implicaranse nos próximos anos, coa coordinación do seu profesorado e do Concello, de valorar e recuperar co seu traballo os entornos máis deteriorados da vila a través de graffitis e pinturas.

Será menester dos alumnos e alumnas matriculados en Debuxo Artístico no IES de Salvaterra.

Darlle cor aos espazos públicos da vila e potenciar a gran riqueza histórica e cultural do Concello de Salvaterra é o propósito deste novo proxecto de colaboración entre o Concello e o IES de Salvaterra.

Unha acción que durará varios anos e que xa está en marcha logo de que a finais de 2020 lla propuxera a alcaldesa, Marta Valcárcel, ao equipo directivo do instituto.