Reciclaxe nos recreos
l. costas
A compostaxe no colexio é unha poderosa ferramenta educativa que aporta novos coñecementos ao nenos e mozos para ser parte da solución do importante problema que ten a sociedade en canto ao tratamento de residuos. Así o entenden en concellos como o de Gondomar no cal se lles ofreceu un composteiro individual ao centros escolares do municipio convidándoos así ao seu emprego para xestionar os restos orgánicos procedentes das comidas e merendas do alumnado e evitar, deste xeito, que rematen no colector de fracción de resto.
Segundo confirman desde o departamento municipal de Medio Ambiente “a resposta foi moi positiva e maioritaria, demostrando a súa implicación en actividades que permitan sensibilizar ás novas xeracións na loita contra o cambio climático e a defensa da riqueza natural do noso concello”.
Deste xeito, desde o goberno local poñerase ao dispor dos colexios que o soliciten un composteiro individual de 300 litros onde poderán reciclar os residuos orgánicos que se xeren nel.
Por outra banda, tamén se lles ofrece compost procedente dos centros comunitarios de Gondomar, en caso de que nos seus proxectos escolares teñan a intención de poñer en marcha unha horta escolar.
Por último, a iniciativa impulsada por Medio Ambiente contempla a posibilidade de impartir charlas formativas nos centros educativos, tanto dirixidas ao profesorado como ao alumnado, para explicar o correcto uso e mantemento do composteiro.
Acción que, precisamente, xa se levou a cabo no CEIP Neira Vilas, respectando en todo momento as medidas de seguridade sanitarias recollidas na normativa Covid-19.
Nova entrega á veciñanza
Esta iniciativa nos centros educativos súmase ás campañas de aposta pola compostaxe que se veñen desenvolvendo dende o inicio da lexislatura dende a concellería de Medio Ambiente, dirixida por Brais Misa, como é o reparto periódico de composteiros individuais á veciñanza que previamente os solicita.
Este mesma semana fíxose entrega dunha nova decena deles que se suman aos preto dos 300 que ata o de agora se repartiron entre aquelas persoas interesadas en reciclar os seus residuos orgánicos con este sistema.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda