Mes do libro no Rosal
LITERATURA | O Concello conmemora o 23 de abril con actividades para todos os públicos

Presentación do cartel. | // FDV / l. c.
l. c.
Abril é o mes do libro no Rosal e con tal motivo o Concello preparou para este mes unha programación especial coa que invitar a toda a veciñanza a desfrutar da literatura e a conmemorar o vindeiro 23 de abril, o Día do Libro, dun xeito diferente, con actividades presenciais e virtuais para todos os públicos.
O ciclo de actividades arrancou o pasado venres da man de Marcos Escudero, que ofreceu a primeira das tres actuacións presenciais no auditorio municipal con inscrición previa e cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade. O vindeiro sábado, ás 19.00 horas, chegará a narradora Marta Ortiz co seu contacontos ‘Galicia Máxica’ e xa o domingo 25, á mesma hora, será a quenda do Mago Teto e o seu espectáculo de maxia ‘As nosas letras’.
A programación para este mes completarase cunha proposta interactiva na que se invita a toda a veciñanza a participar enviando un vídeo recomendando un autor e un libro e mesmo lendo un parágrafo da obra. Membros do Club de Lectura do CPI Manuel Suárez Marquier tamén están a facer as súas recomendacións de forma visual e diferentes rosaleiros participan na lectura de ’27 historias para tomar sopa’ poñéndose ante a cámara para ler as historias para nenos que recolle o libro. Entre todas as persoas que participen sortearase un lote de libros.
Todas estas iniciativas difúndense a través da web e das redes sociais do Concello xunto a un vídeo do alumnado do CPI lendo un conto, outro libraría do Rosal dando a coñecer o máis demandado nestes intres en literatura para diferentes idades e un vídeo promocional da Biblioteca municipal. Será precisamente a biblioteca e os seus usuarios os protagonistas doutra actividade: o premio ao bo lector nas categorías de infantil, xuvenil e adulto, que se entregará o vindeiro 23 de abril.
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Desaparece en el Atlántico un piloto de Redondela afincado en Vilagarcía
- ¿Qué es el neumotórax bilateral, la lesión pulmonar que le causó un fisioterapeuta a una joven de Ourense?
- Melody, a lo bonzo: Austria gana Eurovisión frente a una España que se autoinmola por enésima vez
- Pesquerías Nores emitió despachos falsos al menos durante ocho mareas
- Dos empleados llenaban de gasolina el depósito de sus coches con la tarjeta de la empresa
- Vigo logra un inesperado apoyo para ser sede del Mundial 2030 desde el otro lado del Atlántico
- Una madre escolarizará a sus hijos en Londres al pagar los vuelos de su ex