O Concello de Ponteareas entregou esta semana os premios do concurso #TiktokTea. Na categoría A, para participantes de entre 13 e 16 anos, os membros do xurado decidiron premiar o vídeo presentado por Alba Graciela Cracium e Candela Piñeiro Estévez. En canto á categoría B, de maiores de 17 anos, a galardoada foi a proposta de Judith Alonso Alonso. Ademais os membros do xurado decidiron darlle un accésit á proposta de Pablo Costa Melón, pola súa orixinalidade e polo emprazamento empregado para o vídeo “Vivir nos castros”.

En canto ás votacións realizadas polo público, a través das redes sociais, recibiron o premio Violeta Serén, na categoría A, e Iria Pérez Rodeiro, na categoría B.

Mario Brión Toucedo, (@olaxonmario, gañador do premio a o mellor youtubeiro do concurso Youtubeir@s 2020, conduciu o acto de entrega de premios no auditorio de Ponteareas.