O Concello de Covelo busca, ás portas da Semana Santa e coa chegada da primavera, captar novos visitantes dentro da propia Galicia e incluso dentro da mesma área metropolitana de Vigo.

Cunha campaña de promoción turística a través de cartelería publicitaria, a Concellería de Turismo de Covelo quere darse a coñecer entre as galegas e galegos que buscan destinios próximos con encanto, natureza en estado puro, arte, patrimonio, rutas, gastronomía, descanso e relaxación, importantes nun novo enfoque de turismo en pandemia.

O lema da campaña é : “Covelo é Maxia, Cor, Sabor, Natureza e Arte. Viveo! Xa loce na Avenida de Madrid, en Vigo.

A web www.concellodecovelo.es ofrece toda a información necesaria para organizar unha escapada a Covelo.