O club de BTT Bicivoadores está constituído como tal desde hai preto dunha década e está formado actualmente por oito deportistas, todos eles de Nigrán. O alcalde Juan González recibiu aos ciclistas na casa consistorial e trasladoulles o apoio do Concello tras inscribirse como asociación deportiva no Rexistro Municipal de entidades deportivas.

Tradicionalmente organizan coa axuda do Concello unha BTT anual e, de cara a 2021, terán novos eventos.