O colexio Apóstol Santiago de Arcade rendeu unha emotiva homenaxe ao que fora profesor no centro durante máis de 40 anos, Fernando Rebanal. “Unha magnifica persoa e un mestre dos que deixan unha pisada imborrable no seus alumnos”, sinalaron dende a Asociación de Nais e Pais .

Fernando Rebanal faleceu recentemente, aos 73 anos de idade, logo de dedicar toda a súa vida á ensinanza. O profesor estivo sempre vinculado ao colexio Apóstol Santiago, onde comezou a súa vida profesional sendo un dos primeiros cooperativistas do centro e un dos seus fundadores.

Ademais da comunidade educativa, aa acto acudiron diversos representantes da ANPA, antigos alumnos, a edil de Cultura, Cristina González e o alcalde, Agustín Reguera, que durante a súa intervención destacou “a dedicación e a implicación persoal de Don Fernando en todos os ámbitos da ensinanza”.