Tomiño
O festival Aventura na terra da amizade xa ten mascota
Estudantes da Eurocidade elixiron a Mizi, unha londra de río típica da zona

MIzi, a mascota gañadora. // FdV
l.c. [Tomiño]
“Mizi”, unha londra de río típica da zona, foi a mascota elixida por preto de 2.000 estudantes dos centros escolares de infantil, primaria, secundaria e bacharelato dos municipios de Tomiño e Vilanova de Cerveira.
A Eurocidade Cerveira-Tomiño organizou unha votación entre Mizi (que acadou o 48,60% dos votos), Pinhas (o 32,80%) e Minius (o 18,60%) co obxectivo de seleccionar a mascota do festival transfronteirizo “Aventura na Terra da Amizade”, cuxa segunda edición celebrarase no vindeiro verán. O profesorado dos centros educativos dun e outro lado da fronteira colaboraron coa Eurocidade para levar a cabo as votacións nas distintas aulas e recoller as papeletas.
A concelleira de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil do Concello de Tomiño, Fátima Rodríguez, explica que o proceso iniciouse hai uns meses co convite a 13 estudos de deseño de Galicia e Portugal, para crear modelos de posibles mascotas, quedando coma as tres finalistas escollidas por un xurado as que se propuxeron para a votación.
“Mizi” é un peculiar mamífero de graciosos movementos que habita entre a auga e a terra.
O 31 de agosto de 2019 tivo lugar a primeira edición do festival. A xente de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, puido escoller entre decenas de xogos e actividades nun espazo natural coma o Parque de Lecer do Castelinho. “Trátase dun festival cun forte compromiso coa pegada ecolóxica a accións de concienciación ambiental, totalmente de balde e para todas as familias”, explica a concelleira.
- El juez instructor del caso Asunta reacciona a la novela de Alfonso Basterra: 'Es muy triste que haya usado a su hija
- La segunda salida de tono del conselleiro de Sanidade: cuestiona la importancia que se le da a la salud
- ¿Tienes mascotas en casa? Así podrás deducirte sus gastos de la declaración de la renta
- Un popular tiktoker catalán se rinde ante la afición del Celta: «Cada vez que vengo a Vigo...»
- El vigués que triunfó en el QIR: «Estudiaba de lunes a sábado y, el último mes, sin descanso»
- Detenido un hombre en Vigo tras desaparecer cuatro días con su bebé y agredir a su pareja
- La pareja de Feijóo pide una concesión hasta 2037 del acceso desde su casa a la playa de O Con
- La madre de Anabel Pantoja «no quiere saber nada» de David Rodríguez: «Se ha enterado de que en la declaración...»