O Concello de Nigrán ven de estrear unha nova electrolineira en Panxón o que o convirte no primeiro de España en número de dispositivos, segundo indican fontes municipais. Así, esta súmase á outra tamén de Iberdrola inaugurada o pasado mes de outubro ao carón do Centro de Negocios do parque empresarial Porto do Molle e á semi-rápida gratuíta disposta no 2018 polo propio Concello ao lado da Casa Consistorial. Esta nova é exactamente igual á de Porto do Molle, con 4 postos, operativa as 24 horas e tamén de carga rápida (50 Kw/hora) o que permite completar o 80% da batería en só media hora