A Concellería de Deportes anunciou a cancelación da sétima edición do Triatlón Concello do Porriño. Esta proba que ten un especial recoñecemento entre os triatletas de Galicia e Portugal reunindo a máis de 200 participantes como acontecera en 2019, ía celebrarse o sábado 20 de xuño.

David Alonso, concelleiro de Deportes manifestou que a dotación económica que estaba asignada pola administración local para a organización deste evento, un total de 8.000 euros, "serán redirixida a axuda social xunto coas outras partidas orzamentarias municipais que serán modificadas segundo acorde a corporación porriñesa para contribuír a reiniciar a economía local".

Comercio de proximidade

Dende o Concello do Porriño estase a traballar en fomentar o consumo no comercio de proximidade mediante campañas de promoción, así como en habilitar partidas para canalizar axudas directas apoiando o reinicio das actividades despois de dous meses de paralización.