A Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo acolle ata o 14 de abril unha exposición retrospectiva de Diego de Giráldez, con obras súas de 1970 a 2020. A mostra, que se pode visitar desde a pasada fin de semana no centro do que foi alumno destacado, recolle unha selección de creacións súas de pintura, debuxo, escultura e anatomía.

Creador do Realismo NAS, minucioso, de detalles e un artista orixinal, con obra no Vaticano e no museo Dalí, o propio autor asistiu á presentación na que interveu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director da EMAO e comisario, Rafael Ojea. No acto tamén estivo, entre outros invitados, el alcalde cañicense, Luis Piña. Diego de Giráldez é natural da Cañiza e conta co seu propio museo na Praza Maior desta localidade que capitaliza a Paradanta.

Diego de Giráldez recoñece que a súa estancia en Cataluña coi clave na súa carreira para o seu recoñecemento como artista. De feito, desa época naceu a vitalidade para crear o movemento "Realismo NAS" e cadros de gran formato que poden verse na casa-museo Diego de Giráldez, na Cañiza, entre outras obras que conforman e están expostas na súa colección privada.

Giráldez sinte gran satisfación por facer esta exposición retrospectiva na escola de artes e oficios de Vigo e agrade á dirección da escola que organizar esta exposición.

Na mostra atópanse desde obras da súa primeira etapa, relacionada coa escola de artes, ata creacións da preparación para San Fernando. A obra da etapa coa que iniciou a primeira exposición individual na Galería de Arte Van Gogh (1974 - 1975). Tamén a obra da súa etapa en Cataluña e da etapa con Antoní Pitxot e Salvador Dalí (1976 - 1980). Obra anterior ao "Realismo NAS" (1980 - 1981)e obras en xeral, incluído o "Realismo NAS" (de 1982 en adiante).

Non obstante, faltan nesta mostra obras de Diego de Giráldez en mans de coleccionistas privados ou de museo de distintas partes do mundo.

A exposición pode visitarse ata o 14 de abril de luns a venres (laborables) de 19.00 a 21.00 horas.