Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Pereka" mantén a hexemonía das dornas da Illa

Un bo feixe de embarcacións abandonaron tras vérense atrapadas nunha encalmada durante a regata do Bao

Os tripulantes das dornas tratan de aparellar onte na praia da Canteira do Bao. Iñaki Abella

As dornas da Illa seguen sendo as mellores da ría de Arousa. Onte amosárono na súa casa, no Bao, regata na que volveron a quedarse cos postos de privilexio grazas a “Pereka”, “Jalerna” e “Nécora” que cruzaron a liña de chegada nesta orde. Dase a circunstancia de que a “Pereka” tamén venceu noutra das probas míticas que se disputan na ría de Arousa, a Volta á Arousa, con saída no mesmo punto que esta.

A regata, unha das más importantes da navegación tradicional na ría de Arousa, ten unha particularidade, a de que todas as tripulacións saen á carreira desde terra para aparellar o antes posible a vela e o temón antes de comezar a navegar pola ría de Arousa. Así foi como aconteceu onte na praia da Canteira, ante un nutrido grupo de observadores de que todo transcorría sen incidentes.

Tres dornas comezan a navegar despois de izar as velas Iñaki Abella

Nada máis enfiar as velas e poñer proa cara as boias que delimitaban a proba, a flota topouse cun bo ventiño para navegar, un vento que foi indo a menos ata que, de súpeto, caiu nunha encalmada. Máis dunha hoira estiveron os barcos agardando a que o vento volvese a zoar e, ante a súa tardanza, un bo feixe de barcos optaron por sacar os remos e regresar á praia da Canteira bogando. Aquelas embarcacións que tiveron a suficiente paciencia para agardar, viron como entraba o vento do nordés e puideron navegar sen problemas ata finalizar a proba.

A regata do Bao é, xunto coa Volta á Arousa, unha das probas máis lonxevas de navegación tradicional de cantas se celebra na ría.

Compartir el artículo

stats