Unhas vinte persoas, convocadas polo grupo de traballo sobre a memoria histórica do colectivo Nova Escola Galega, participaron nun roteiro que percorreu as rúas da Illa seguindo os acontecementos que se narran no libro Papel de Estraza. Como guías de excepción os participantes no roteiro tiveron aos escritores do libro, Juan Luciano “Genito” Otero e o xornalista Fernando Salgado.