Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Viaxe ao pasado entre cantigas de escarnio e maldizer

Os Penoucos convida a coñecer a Compostela medieval

Imaxe coa que se presenta o roteiro lírico pola Compostela medieval. Asociación Cultural Os Penoucos

A asociación cultural Os Penoucos, estreitamente vencellada ao Concello de Valga e adicada a protexer e difundir a cultura popular do Baixo Ulla, prepara un roteiro lírico por terras de Compostela.

Vai ser un xeito diferente de desdubrir a cidade medieval a partires das súas torres, cantigas e murallas, con Carlos Santiago e Marga Alborés como guías.

El, explican na asociación Os Penoucos, é “un poeta e dramaturgo compostelán” que “fará resoar cantigas de amigo e de escarnio e maldizer en varios dos lugares que cebaron a imaxinación dos moitos trobadores que poboaron as rúas da cidade no esplendor da lírica galaico-portuguesa”. 

8 de maio

Deste xeito, o vindeiro 8 de maio volverán a sonar as cantigas de Bernardo de Bonaval, Joham Árias, Fernando Esquío ou Joám Vasques de Talavera, e “servirán de pretexto para escoitar pequenos relatos que nos revelen historias, mitos e non poucas das pendencias que definirán a vida na cidade entre os séculos XII e XIV”.

Paradas nas que se escoitarán microrrelatos e se recitarán cantigas, en Bonaval, rúa da Moeda Vella,Porta da Trindade, Porta de Mazarelos e Porta do Camiño. Os Penoucos

Con Carlos Santiago vai estar, como se decía antes, Marga Alborés, unha estudosa da historia gráfica de Compostela “que nos vai brindar un xovial coñecemento sobre todo o que vaiamos vendo dende Bonaval ata a Porta do Camiño, pasando pola Porta da Pena, San Martiño, rúa da Moeda Vella, Val de Deus, Porta dos Sofrades, Porta da Trinidade, Porta Faxeira, Entremurallas, Porta da Mámoa, Tras Salomé, Porta de Mazarelos, Castro Callobre e San Agustín”.

Esta ruta, que vai dar comenzo ás 12.00 horas, con punto de encontro en Bonaval, ten unha duración aproximada de unha hora e vinte minutos.

Admítense 25 asistentes, que deben aboar 10 euros –7 si son socios de Os Penoucos– e inscribirse no teléfono 652 822 427.

Compartir el artículo

stats