O Salón de Plenos do Concello da Illa de Arousa é o escenario elixido para abordar a convivencia entre marisqueo e os espazos naturais nunha xornada que se vai a desenvolver o martes ás 20.00 horas, sobre todo, aqueles que se atopan incluidos dentro da Rede Natura 2000, como é o caso do parque de Carreirón nese municipio. O debate está incluido dentro das actividades que o Club FARO organiza este mes, dando a voz a varias das persoas que máis e mellor poden analisar a situación, tanto a nivel técnico, como é o caso de Gerino Ferreirós, experto en biodiversidade da Deputación de Pontevedra, como a nivel profesional, caso das mariscadoras Carmen Dios Castro, da Illa, e de Rita Vidal, vogal da Confraría Santiago Apóstol de Carril.

O acto conta co respaldo da institución provincial a través de Depomar, un programa que conta co respaldo da Fundaicón Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfrico a través do Programa Pleamar”. Os tres, xunto coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, abordarán como garantir esa convivencia entre marisqueo e medio natural protexido. As mariscadoras tamén son a primeira punta de lanza para a eliminación de verquidos nas praias, con constantes limpezas para manter o recurso, fundamental para o seu futuro económico. A Illa é unha das confrarías cun maior número de mariscadoras e que ten algún dos seus bancos marisqueiros, tanto de a flote como de a pé, dentro de espacios incluidos dentro da Rede natura 2000.

Ademáis, na Illa tamén existe unha especial sensibilidade á hora de protexer un espazo da Rede Natura 2000 como é o parque de Carreirón. Alí, a xunta de mojntes foi a primeira que veu a necesidade de restrinxir o acceso de vehículos ao interior, instalando un vallado que evitou danos moito máis graves neste entorno tan fráxil. O sector marisqueiro tamén leva anos reclamando a protección doutros espazos, como Areoso e diferentes praias sometidas a unha alta presión turística desde hai anos.

O obxectivo do Depomar é incrementar a sensibilización medioambiental e fomentar a conciencia con respecto á importancia da protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños en espazos de Rede Natura 2000 da provincia, onde se levan a cabo sctividades pesqueiras sostibles, como o marisqueo a pé.

Isto implica a participación directa da muller mariscadora, pois este é un oficio tradicional que xera unha importante riqueza. Ademais diso, o marisqueo a pé ten perfecta cabida dentro da Rede natura, ao ser respectuoso co medio ambiente e co espazo no que se desenvolve,

O proxecto Depomar púxose en marcha no mes de marzo e xa iniciou accións de sensibilización que inclúen a creación dun código de boas prácticas, unha xornada técnica, campañas de concienciación e a produción dun vídeo sobre a importancia do traballo da muller mariscadora na conservación dos recursos mariños.