Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A velocidade que cambia vidas

O escritor Ramón Caride Ogando Noé Parga

Unha muller leva máis dun ano recibindo a chamada dunha descoñecida que pregunta por unha tal Sonia. Despois de responder ducias de veces que se enganou, un día contesta que é ela, e cítana para unha misteriosa xuntanza no bar dun hipermercado; en “Todo incluido”, a vida dun home cambia para sempre despois dunha tediosa xuntanza de traballo; en “Novo récord”, o pragmatismo dos que defenden a explotación económica da natureza semella impoñerse aos que piden máis tino, pero a realidade a veces esnaquiza nun segundo os autoenganos máis elaborados.

Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957) volve á actualidade literaria con “A velocidade crítica”, un libro de relatos editado polo selo coruñés Embora. Unha obra na que explora por primeira vez un tipo de historias emparentadas na súa intensidade ao microrrelato, pero cunha maior exploración psicolóxica e desenvolvemento da trama. Os personaxes que poboan este libro vense a miúdo envoltos en situacións absurdas, surrealistas, pero que rachan de vez coas súas anteriores existencias.

Caride presenta o seu novo libro este venres pola tarde en Vilagarcía

decoration

“A velocidade crítica” é un título con varias lecturas posibles, unha das cales remite á insufrible velocidade da existencia actual, que impide a reflexión e o pensamento sereos. Polas fendas que deixa ese vivir en aceleración constante cóanse os monstros que veñen alterar as vidas dos personaxes de Ramón Caride.

O autor afincado en Cambados presenta “A velocidade crítica” este venres en Vilagarcía. Será ás oito da tarde, nun acto no Salón García, no que Caride estará acompañado polos tamén escritores e xornalistas Alberto Avendaño e Andrea Fernández Maneiro.

Compartir el artículo

stats