Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Teo Cardalda. | // IÑAKI ABELLA

Teo Cardalda // Vilaxoanés

Un veciño incansable polos intereses do seu pobo

Teo, un dos membros fundadores da Asociación de Veciños de Vilaxoán, a segunda máis antiga de Galicia, foi un veciño incansable polos intereses do pobo e tamén preocupouse pola historia de Vilaxoán e os seus veciños. Contaba con grandes amizades do mundo da literatura, como por exemplo a familia de Valle Inclán, Bouza Brey, ... E era íntimo amigo do presidente da Real Academia Galega, don Xexús Alonso Montero. Seguro que quedan moitos por nomear... Teo era un loitador polo recoñecemento da orixe vilaxoanesa de Ramón María del Valle Inclán, nado no pazo da Rúa Nova, en Vilaxoán. Estamos seguros de que ver realizadas as obras do paseo marítimo a Vilaxoán xunto coas do camiño de Torás daranlle acougo á súa alma inmortal. Ata última hora traballou coa xestora actual. Grazas Teo pola dedicación desinteresada polo pobo de Vilaxoán. Con todo o respeto e cariño. DEP.

*Compañeiros da xestora da asociación veciñal de Vilaxoán

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.