O evento “Cidade de Libro” tivo onte coma persoaxe destacado a Carlos Meixide. O escritor vilagarcián presentou na illa de Cortegada a súa última obra, “Camiño de Paixóns”.

–Como leva un vilagarcián escritor que reside en Compostela que conten con el na súa cidade natal para un evento literario?

–Faime moita ilusión que me convoquen para un evento así relacionado co libro e en Vilagarcía. Son nado aquí e crieime na Coruña, pero miña familia é de aquí. Tamén faime unha gran ilusión polo feito de facer o acto de presentación do libro en Cortegada. É unha illa que sempre me produciu moita fascinación literaria cando pasaba no coche de pequeno. Era a época que lía moitos libros de Stevenson ou de Julio Verne e tiña unha imaxe moi idealizada de Cortegada. A iso únese que foi a primeira vez que chego a estar en Cortegada. Nunca antes fora.

–Falando de lugares, o seu é escribir libros para titulalos e adicarllos a zonas concretas. Ons, Cans, Guitiriz e Arousa.

–Realmente estes títulos teñen que ver cunha serie de novelas xuvenís. A primera transcurría en Ons e nas seguintes entregas deses personaxes pois en otros sitios como Cans, Guitiriz ou A Illa de Arousa. Póñolles o nome como título porque me gusta pensar en escenarios conocidos para contar aventuras e ficción.

Faime moita ilusión que me convoquen para un evento así relacionado co libro e en Vilagarcía

Carlos Meixide - Escritor

– Coido que “O home inédito” foi a súa primeira obra. Tivera bastante repercusión daquela.

–¡Como pasa o tempo! Xa debe ter case 15 anos. Escribina cando aínda traballaba como xornalista. Falárase moito daquela novela porque foi a primeira novela galega que se editou en internet. Foi pionera neso e deulle bastante popularidade e notoriedade.

–E falando de éxitos vén de gañar o premio de novela Camiño de Santiago con “Camiño de Paixóns”. Fálenos desa obra.

–Esta última foi a que gañou o premio no que a condición era que se baseara na temática do Camiño. Non tiña moito tempo para escribila cando empecei e tentei de recuperar a novela de kiosko. Esas que son excesivas en todo e xogando un pouco con todo tipo de temáticas. O incentivo da convocatoria do premio estaba moi ben porque está moi ben dotado económicamente e permite traballar cunha editorial como Galaxia. Ten moito de literatura popular, con aventuras, paixóns románticas e eróticas, terrorismo internacional... Como pano de fondo ten o Camiño tratado de forma paródica e cunha visión terreal. Un protagonista que non desfruta do Camiño senón que o padece e ten unha visión moi crítica do Xacobeo. Penso que é unha lectura disparada, emocionante e das que aceleran as pulsacións.

–Vostede é xornalista, como é que aínda lle quedan ganas de escribir cando chega á casa?

–Realmente cando traballaba no xornalismo non pensaba en adicarme ó mundo da escrita. Tivo que haber certa crise vocacional para ver que quería adicarme e centrarme no traballo de autor máis que no de xornalista. De momento vou tirando e consolidando a miña carreira.

Carlos Meixide visitou onte Cortegada por primeira vez. Iñaki Abella

“O humor caracteriza todo o que fago”

–Que lle diría a eses tantos escritores anónimos que queiran firmar as súas propias obras?

–Eu animo a que a xente que queira escribir o faga, pero ser escritor con todo o que elo conleva non é ningún xogo. Eu son dos que apostei pola autoedición nunha decisión moi personal, pero non é unha idea para aconsellar porque esto é un traballo. Non deixa de ser unha forma de edición profesional e un esforzo a nivel empresarial. E recomendable ser escritor se estás disposto a facelo a ese nivel de implicación porque vaite absorber tempo. Non é unha panacea, pero sí é unha posibilidade para todos aqueles que teñen inquietude en apostar decididamente por un traballo creativo propio.

Eu son dos que apostei pola autoedición nunha decisión moi personal, pero non é unha idea para aconsellar porque esto é un traballo

Carlos Meixide - Escritor

–Tampouco lle pega mal o tema das imitacións. ¿Esa incursión no humor segue vixente?

–Foi con “Os da Ría”, era un proxecto humorístico que tiñamos, pero xa non estamos on the road. De tódolos xeitos, o humor é algo que caracteriza todo o que fago e vouno ter sempre presente.

–¿É dos que pensa que a xente segue consumindo lectura nun tempo de redes sociais, plataformas dixitais e pantallas electrónicas?

–Eu sei o que vendo eu e pódome facer unha idea de como está o sector. Véndense libros e libros. É certo que nós temos as limitacións propias dunha lingua minorizada, pero a xente compra libros. Ler se segue lendo aínda que cambian as formas de consumir literatura.

–¿E que futuro lle ve o libro físico?

–A literatura ten que ver co libro e o libro resistirá ben, aínda que terá que convivir con outras formas de consumo literario.