Álvaro Rodríguez | Autor de “Risco. El teórico del nacionalismo gallego”

“Risco foi un tanto relegado por apoiar a Franco, ser católico e antimarxista”

Álvaro Rodríguez .

Álvaro Rodríguez . / Iñaki Abella

A. G.

Avogado cambadés nacido no ano 1972, Álvaro Rodríguez sempre amosou o seu interese pola política e polo seu estudio. Militou no PCE, foi concelleiro en Cambados por unha formación independente e agora profundiza en determinadas figuras políticas. A de Vicente Risco sempre foi unha das que o atraeu, por iso a principios de 2020 rematou “Risco. El teórico del nacionalismo gallego”, un libro que non puido presentar debido á pandemia. Esa espiña que lle quedou cravada será sacada mañá, as 20.00 horas, na Libraría Nobel Arousa de Vilagarcía

–Qué lle levou a vostede a fixarse nunha figura tan particular no nacionalismo galego como é a de Vicente Risco?

–Vicente Risco e o máximo líder intelectual do galeguismo, desde os anos 20, Fundador dá Xeración Nós, a que integrou ata a Segunda Republica. Todo o Galeguismo desa época a nivel teórico, foi creación súa. É un intelectual de máxima altura. “Teoría do Nacionalismo Galego”, ou “Nacionalismo Galego” son obras básicas para o pensamento político galego.

–Fala vostede de teórico do nacionalismo galego, pero a súa figura sempre estivo nun segundo plano con respecto a outros autores, como Castelao, por exemplo.

–Cando falamos de Castelao, temos que diferenciar tres Castelaos que non coinciden en moitos aspectos. O Castelao maurista de antes dos anos 20. O Castelao seguidor de Risco, e o Castelao do Fronte Popular, admirador da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). Hai que lembrar que Risco apoiou o golpe de Estado e ao seu impulsor, o xeneral Franco, e contribuiu á súa lexitimación, indicando que o golpe dos militares era de natureza anticomunista e en defensa do catolicismo, xa que Risco era un fervente católico que nunca quixo ceder ante ideoloxías como o comunismo e o marxismo. Franco chegou a outorgarlle a Medalla Alfonso X o Sabio, antes de morrer. Quizais niso se atope o principal motivo polo que sexa unha figura un tanto relegada, por apoiar a Franco, ser antimarxista e católico.

–Por que Risco lle dou as costas a outros nacionalistas cando estes abrazan a causa da Fronte Popular?

–O tema e quen lle dou as costas a quen. O nacionalismo galego dividíuse na Segunda República, entre outras razón, pola cuestión católica. Definitivamente, no 35, coa participación do Partido Galeguista na Fronte Popular, Risco, e os seus fundan Dereita Galeguista e abandonan o PG. A Xeración Nós tiña un marcado carácter tradicionalista e antimarxista. A decisión de ir ao Partido Galeguista en coalicion na Fronte Popular, cos marxistas do PSOE, e do PCE, POUM, (entre outros), foi un xiro inesperado, impensable no ano 1930. A polarización política creada na Segunda Republica, tamen afectou o nacionalismo galego. Vicente Risco non se moveu da sua posición tradicional. E ninguén agardaba que Franco mandase ou durase 40 anos…

Suscríbete para seguir leyendo