Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Proxección da película “Lúa Vermella” co gallo das Letras Galegas

Será hoxe, a partires das 20.30 horas, no Salón García

A programación conmemorativa do Día das Letras Galegas, organizada pola Concellería de Cultura, continúa hoxe coa proxección da película galega “Lúa Vermella”, de Lois Patiño. A función terá lugar no Salón García a partires das 20.30 horas e a entrada é libre e de balde, previa reserva de praza a través da web do Cine Clube Ádega, que colabora na iniciativa (www.cineclubeadega.com).

“Lúa Vermella” é un filme galego do ano 2019 que mestura o xénero fantástico co drama e que se estreou no ano 2020 no Festival Internacional de Cinema de Berlín, dentro da sección Forum. É o segundo filme de Patiño sete anos despois da estrea de Costa da Morte. A historia trasládanos a unha vila costeira na que o tempo se detivo Os habitantes están todos paralizados, mentres que a natureza e os animais continúan en movimento. Todos os habitantes están angustiados porque o mergullador, Rubio de Camelle, desapareceu. A película está protagonizada por Ana Marra, Ana González e Pilar Rodrígurz entre outros.

Compartir el artículo

stats