Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O IES de Valga recibe vinte exemplares de “Scórpio”

Exemplares doados ó IES de Valga. FdV

 O Instituto de Valga agradece unha donación da empresa padronesa Armazéns Eladio, que entregou á biblioteca deste centro escolar vinte exemplares da novela de Ricardo Carvalho Calero tilada “Scórpio”.

Trátase dunha edición especial publicada pola editora Através “que contou coa colaboración da Associaçom Galega da Língua (AGAL) e da Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP)”. 

Eliseu Mera, o director do IES de Valga, destacou “a xenerosidade” do representante de Armazéns Eladio, Ângelo Cristovão, “pois vai permitir un achegamento do noso alumnado a un dos grandes intelectuais galegos do século XX, cuxa figura foi inxustamente ocultada nestas últimas décadas”.  

Cun epílogo de José-Martinho Montero Santalha

Engaden no IES valgués que este lanzamento de Através Editora “foi orientado especialmente para estudantes”, polo que “contou cun epílogo de José-Martinho Montero Santalha, discípulo e especialista no autor homenaxeado nas Letras 2020, onde explica a fascinante obra e biografía de Carvalho Calero”. 

As mesmas fontes sinalan que “desta forma, patrocinadores e promotores contribúen a dar a coñecer a figura do autor nun ano marcado pola fatalidade da Covid e a decisión da RAG, entidade responsábel polo Día das Letras Galegas, de non prorrogar a homenaxe até maio de 2021; única forma de posibilitar que o autor fose abordado nas aulas dado a excepcionalidade que creou a epidemia”. 

Pódese engadir que tamén foron enviados exemplares, de forma gratuíta, a outros centros escolares da zona, como o IES Macias O Namorado, o CEIP Eusebio Lorenzo Baleirón e o IES Camilo José Cela.

Compartir el artículo

stats