Nestas datas tan importantes e significativas, no Día Nacional de Galicia, quero facer patente un ano máis a miña lembranza permanente e eterna para todos aqueles galegos que adicaron a súa vida a facer posible esta Galicia de hoxe. De igual maneira, ás miles de persoas que están espalladas polo mundo enteiro e que alá onde se atopen levan a nosa bandeira azul e branca nos seus corazóns. E por último, a todos aqueles que temos a inmensa sorte de vivir nesta fermosa Terra o día a día. Para todos e todas, a miña profunda e sentida felicitación. ¡Viva Galicia! !Saúde e Terra..., sempre e para sempre!