Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos viciños e emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai. Nena e o mar, galardonada con Premio Merlín 2015, é unha novela circular e coral e, sobre todo, unha aventura onde todo é posible.