Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Gogue: "Se Floreano fose andaluz, sería un cantaor de flamenco vido a menos"

Gogue - artista gráfico

Gogue na súa vila de O Grove. Foto: Muñiz.

-Recentemente, "debutou" Vde. como grafiteiro, decorando unha fachada situada xunto a estatua de Floreano,en O Grove. Que tal lle foi nesa experiencia? Vai volver repetila, se xorde a oportunidade?

-Aínda que non foi a primeira vez que pintaba sobre un muro ou fachada, sempre é unha experiencia moi gratificante mostrar como se crea algo artístico en directo. Por suposto que volvería repetir a experiencia, xa que son un seguidor dos graffitis artísticos e do novo movemento deste estilo que está a xurdir nas grandes urbes, podendo ter un museo urbano para deleite do público.

- Sempre que se fala de Gogue, veñen definilo como "humorista gráfico". Sen embargo, Vde. é tamén un artista, un pintor,un debuxante. Cre que a súa fama como humorista gráfico, á larga, perxudícao á hora de que o valoren como artista plástico?

-Penso que é o contrario, porque, en certa maneira, ofrezo un campo máis amplo das miñas facetas artísticas e non se me encadra nunha única, determinada. Hai pintores que foron, e son, grandes escultores, deseñadores de mobiliario, animadores gráficos etc.etc.

- Cal foi a súa primeira vocación: a de humorista gráfico ou a de pintor/debuxante?

-Comecei como debuxante na escola, emulando os grandes debuxantes do Pulgarcito, "Mortadelo", "Zipi y Zape" (Ibáñez, Vázquez...) para continuar con algo de óleo e acuarela. Ata que, por fin, me metín co humor gráfico e animación de personaxes, caricaturas. Desde daquela ata hoxe, ando dándolle voltas ao mundo con Floreano.

-Efectivamente, o seu personaxe máis popular segue sendo Floreano. Cando, como, de onde... xurdiu Floreano? Está baseado nun personaxe real, en varios personaxes ou é unha pura invención do seu max´ín?

-Eu ainda vivo para e por Floreano. A deste personaxe, foi unha proposta que lle fixen a FARO DE VIGO no ano 1989. Ofrecéronme crear un persoaxe que contara cousas para unha tira diaria; ao principio, era un persoaxe moi xenérico, pero ao cabo de varios anos foi collendo unha persoalidade propia ata converterse no que é hoxe: un "individuo" sobradamente coñecido, incluso noutras partes de mundo. Floreano é un home de porto de mar, galego ata a médula, filósofo á súa maneira e, sobre todo, bo bebedor con denominación de orixe. Pura invención da miña imaxinación, pero con algúns toques baseados en dúas persoas reais.

- A palabra furancho vai camiño de ser aceptada pola Real Academia Galega. Que dirá Floreano cando se enteire?

-Simplemente, que para el é loureiro.

- A o que Vde. fai nas súas tiras, chámaselle humor galego . Cales considera as claves do humor de noso?

-Basicamente, a retranca, a taberna e a nosa maneira de expresar con pouco un mundo de situación cotiás.

- Se Vde. publicase a diario nun xornal de Andalucía, que marco ambiental elixiría para as súas viñetas e qué tipo de personaxe sería o Floreano andaluz?

moi difícil que se dea a situación, pero se así fose, posiblemente sería un cantaor de flamenco vido a menos ou un lutier de ghitarras andalusas.

- Unha "disciplina" na que Vde. está a triunfar por todo o alto é a da caricatura. Cando se fala de caricatura, moitos adoitan pensar que consiste en "rir" ou buscarlle os defectos ao personaxe que se debuxa, pero Vde. fai que a caricatura se convirta en arte e, de feito, os que quedan máis satisfeitos son precisamente aqueles personaxes que Vde. caricaturiza. Cal é o seu segredo?

-Sempre dixen que eu facía caricatura respectable, sen faltar e denigrar a ninguén. Con finura e arte consígoo; o fin que procuro é adaptar perfectamente as miñas caricaturas á reportaxe que a noticia necesita nese momento en concreto. Creo que o conseguín e triunfei nun dos medios de comunicación máis importantes de mundo, a edición en castelán do Washington Post, El Tiempo Latino.

- Que as súas caricaturas triunfen en Galicia é normal, o que podería ser raro é que Vde. teña tanto éxito en Estados Unidos. Por qué que pensa que están gustando tanto alí?

-É una situación un pouco especial, dada a tremenda competencia e calidade dos artistas americanos. Penso que se debe ao meu estio de facer caricatura e a calidade das mesmas.

- Será Vde. consciente de que os seguidores agardan unha nova entrega dun libro de Floreano.Pódenos adiantar algo al respecto?

-Síntome moi feliz de que unha das grandes editoriais galegas aposte por Floreano. Está en fase de fabricación. Axiña haberá novas ao respecto.

Compartir el artículo

stats