Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Clases e almorzo en francés

Os alumnos dos cursos coa materia de lingua francesa do Colegio Vigo participan nunha actividade diferente nas aulas

Visita á sede da Alliance Française de Vigo.

O Colegio Vigo móvese en lingua francesa. Con motivo da Semaine de la Francophonie, todos os alumnos e alumnas do centro onde se imparte a asignatura de lingua francesa, traballaron a importancia e repercusión que este idioma do país veciño ten no mundo. En concreto, Primeiro de Bacharelato realizou coa docente Montserrat Ruibal un "Petit déjeuner" para compartir unha clase diferente. Tratouse dunha actividade divertida e moi enriquecedora, pois ademais de practicar o idioma foi unha experiencia gastronómica moi interesante.

Na Alliance Française

Os alumnos de 1°Bacharelato do centro escolar redondelano acudiron de visita á Alliance Française de Vigo para ver unha exposición dos collages do autor francés Jacques Prévert.

"Recibiunos e atendeunos a directora, Véronique Calvez, que nos fixo unha brillante presentación da asociación (Alliance Française) e o seu labor de traballo en prol da lingua francesa e a súa cultura. Do mesmo xeito a directora guiounos a través da obra do poeta", suliñan dende o colexio. O alumnado traballou nun obradoiro sobre a exposición e visionaron en forma dixital algúns dos seus máis coñecidos poemas.

Foi unha experiencia moi agradable que reforzou o traballo feito previamente na aula.

Compartir el artículo

stats