O colexio Plurilingüe Don Bosco (Salesianas,Coia) está a traballar este ano un proxecto pedagóxico multidisciplinar relacionado co mar. O título "Amar o mar" ven dado pola importancia que este elemento ten na cidade de Vigo e a súa contorna e porque este ano cúmprense 150 años da "chegada" do Nautilus a Vigo. Os piratas estiveron tamén polas nosas costas e por isto, xunto co auxiliar de conversa, o alumnado de ESO investigou e expuso as súas pescudas sobre os piratas e en especial o pirata de orixe británico Francis Drake, do cal se di que estivo na procura de tesouros na illa de San Simón. O proxecto engloba todas as áreas do saber e pretende achegar ao alumnado o mundo mariño en todos os aspectos: económicos, sociais e culturais. Trataron a pesca, o marisqueo así como o mundo submarino e a literatura. Ademáis de facer especial fincapé no cuidado das nosas costas e a investigación das especies. O alumnado de 4º ESO está a investigar e comparar os peixes, o marisco e artes de pesca de Galicia e a Bretaña Francesa.
Leron a obra de Julio Verne e relacionaron a decoración do colexio co mundo mariño así como a producción artística na área de "Arts" (plástica en E. Primaria). Realizaron visitas ao porto de Vigo, á illa de San Simón e outras institucións que teñen que ver co contexto do proxecto escolar.
O obxectivo destes proxectos é motivar, crear curiosidade no alumnado e seguir innovando nas nosas aulas, facilitando a aprendizaxe tendo en conta as Intelixencias Múltiples e as Competencias Clave.