Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Boscochef, o obradoiro de cociña de Abertal

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco reuniuse en Vigo no congreso "Es o que comes" para mozos

Imaxe do obradoiro Boscochef.

O Centro xuvenil Abertal, socio fundador da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, co motivo das diferentes celebracións pola conmemoración da figura de Don Bosco, celebrou a IV edición do Boscochef. Este obradoiro consistiu nunha actividade de cociña, na que os nenos e nenas descubriron xunto cos seus pais, novas receitas de comida en frío. Ditas elaboracións foron preparadas e presentadas por cinco estupendos chefs e pinches que se achegaron a colaborar desde os diferentes ámbitos salesianos facendo que os futuros cociñeiros e cociñeiras o pasaran ben mentres aprendían artes culinarias.

Os chefs forman parte do claustro de mestres do colexio María Auxiliadora Salesianos, da súa ANPA, traballadores e traballadoras ademais de animadores do Itinerario de Educación na Fe do Centro Xuvenil Abertal, membros do SVE (servicio voluntario europeo), e educadoras do programa Teranga da Fundación JuanSoñador. Dándolle un toque especial a este obradoiro, as elaboracións de menús doces e salgados preparáronse entre nais, pais, nenos e nenas, conxuntamente.

Por outra banda, Abertal organizou o I Congreso "Es o que comes" para mozos e mozas en Vigo. A xuntanza no Cine Teatro Salesianos de Vigo, acolleu a máis de 150 mozos e mozas de 15 a 19 anos de idade. Ambientado no formato dun Congreso, trala prescrita acreditación e pase de photocall fíxose a benvida inicial e a ponencia-marco do encontro, levada adiante pola médica de familia Ana Prejigueiro (experta en nutrición). Celebráronse seminarios sobre física, psicolóxica, social e espiritual, seguidos dun networking que facilitou o encontro entre os participantes con baile, karaoke, xogos de mesa e futbolíns. Tras unha celebración na parroquia Mª Auxiliadora, tivo lugar o acto de clausura deste encontro no patio do centro cun brinde dando paso á despedida dos participantes.

Compartir el artículo

stats