O colexio Montecastelo de Vigo organizóu unha charla-coloquio sobre o entorno creativo do libro, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Coordenada polo profesor de língua galega do centro educativo vigués, Patricio Fernández, os encargados das exposicións foron o director xeral da editorial Xeráis de Galicia, Manuel Bragado (d); a periodista e escritora en língua galega, Elena Gallego (c); e o libreiro Xurxo Patiño, xerente da libraría Librouro (2º e). Destinada a alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacherelato, os convidados desengranaron as claves do proceso da elaboración dun libro, baixo o lema "Crear, Editar, Distribuir, Vender, Ler en galego", completando o círculo entre a escritora, o editor e o vendedor.