Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vitrasa abre as portas aos escolares

A concesionaria do transporte urbano acolle as visitas de alumnos de máis de 25 colexios

Escolares do CEIP Párroco Don Camilo durante a súa visita ás instalacións de Vitrasa.

Esta semana deron comezo as visitas de escolares a Vitrasa. Desde o luns 3 de abril ata o 31 de maio, VITRASA recibirá visitas escolares ás súas instalacións co obxectivo de mostrar aos nenos de Educación p rimaria o funcionamento do transporte urbano en Vigo. Desde que deu comezo esta actividade hai xa once anos, máis de 18.500 nenos de Vigo coñeceron o funcionamento do transporte público da cidade. Este ano estímase que serán máis de 25 os colexios que se acheguen ás instalacións, cun total de 60 visitas que sumarán preto de 1.100 rapaces.

As visitas, de hora e media de duración, divídense en dous horarios diferentes, comezando unha ás 9:15 e outra ás 11:30 horas. Un autobús da compañía recolle aos nenos nos seus centros escolares e trasládaos ata VITRASA, onde a visita comeza cunha volta en bus pola explanada das instalacións. En todo momento, os nenos están acompañados por persoal da compañía co fin de poder explicarlles de primeira man o funcionamento do transporte público. Durante a visita, os escolares coñecen a gasolineira, onde os autobuses fan a reposición diaria e contabilízanse os datos da máquina billeteira. A continuación, os rapaces son guiados ata o tren de lavado.

Os escolares tamén coñecen o funcionamento da Tarxeta Verde, que desde a súa implantación no ano 2001, foi adaptada aos diferentes colectivos para facilitar o pago no servizo e facelo máis cómodo e económico.

Exposición de fotos

O seguinte punto do percorrido pasa pola zona do taller, onde os nenos poden ver como é a zona de pintura, os fosos ou os colectores para os refugallos xerados pola empresa. A continuación, coñecen a sala de recadación onde os condutores entregan a cantidade acumulada ao longo do día e noutra sala explícaselle o funcionamento do Sistema de Axuda á Explotación (SAE). Este sistema permite coñecer en tempo real a localización de calquera vehículo da flota de Vitrasa nas rúas da cidade.

Finalmente, durante a última parte da visita os nenos poden observar a evolución dos autobuses da compañía e da propia cidade a través da colección de fotografías que a concesionaria posúe.

Estímase que durante os 2 meses que duren as visitas participarán preto de 1.100 rapaces.Máis de 25 centros escolares de Vigo coñecerán o funcionamento do transporte público na cidade. Desde o comezo da iniciativa en 2005, máis de 18.500 nenos coñeceron as instalacións da compañía.

Compartir el artículo

stats