Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Emocións no Día da Paz no Andersen

Murais e actividades musicais no colexio de A Garrida

Os alumnos máis pequenos diante dun dos murais.

O Colexio Andersen, baixo a premisa "Pensa local, actúa local", partimos de nós mesmos, e do noso propio coñecemento e forma de actuar. Para iso traballouse ao longo dos días previos ao Día da Paz as principais emoción universais. Este ano: a ledicia, o medo, a tristeza, o noxo e a ira, a través da visualización de películas, lectura de contos e charlas en grupo.

Os alumnos de Infantil e Primaria crearon diferentes muráis, nos cales poderon expresarse ao redor de cada sentimento con imaxes, ideas, cores, etc....Ao remate da exposición dos muráis, cada curso espuxo as principais conclusións ao resto do grupo nun pequeno evento visual e sonoro conxunto que incluiu a tradicional solta de pombas mensaxeiras, símbolo de paz.Os nenos de Secundaria fixeron un estudo da incidencia das cancións nos estados de ánimo, polo que en grupos, a través do consenso e o respecto, elaboraron unha serie de listaxes de obras musicais en función das emocións.

Compartir el artículo

stats