Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Premio a Alborada na Zientzia Azoka

Los tres alumnos del Alborada premiados y su participación en la feria de la ciencia bilbaína.

Tres alumnos do Colexio Plurilingüe Alborada -Inés Castro, Mario Fontanes e Laura Costas- obtiveron un premio ó traballo máis completo de entre todos os presentados de 1º e 2º de ESO na feira da ciencia de Bilbao (Zientzia Azoka) que tivo lugar na Plaza Nueva desta cidade. O premio consiste na posibilidade de asistir e participar na 10ª Mostra Nacional da Ciencia que se celebrará no Museu Nacional de História Natural e da Ciencia de Lisboa os días 30,31 de maio e 1 de xuño. Ztientzia Azoka é unha feira de proxectos científicos, elaborados por estudantes de 12 a 18 anos, que ten como obxectivo fomentar entre a xente nova interese pola ciencia, así coma promover ou difundir a cultura científica. A participación dos alumnos de Alborada neste certame formou parte do premio que lles outorgou a Sociedade Catalana de Bioloxía polo seu proxecto "Estudo da influenza do cambio climático na funcionalidade das plantas" na exposición de proxectos científicos Exporecerca Jove 2016 (Barcelona).

Compartir el artículo

stats