Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cabazas viaxeiras

O colexio público redondelán de Porto Cabeiro organizou unha mostra de productos do Samaín e disfraces

Imaxe da exposición de cabazas decoradas polos alumnos do CEIP de Porto Cabeiro.

Este curso no CEIP Porto- Cabeiro, de Redondela, dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega organizaron un Samaín moi especial coas "Cabazas viaxeiras", xa que colaboraron co Equipo de Biblioteca na proposta de traballar toda a comunidade educativa o Proxecto "Estación Portocabeiro: unha viaxe polo mundo".

Na semana dos medos, os alumnos e alumnas de Educación infantil e Primaria do colexio, xunto coas súas familias, decoraron as tradicionais cabazas con motivos relacionados coas diferentes culturas e países que se están a traballar (traxes típicos, monumentos, personaxes importantes... )

Por un día, todas esas cabazas de diferentes tamaños e formas foron guerreiros ninja e gueixas do Xapón, futbolistas e indíxenas do Brasil,a torre Eiffel e Claude Monet de Francia, Frida Khalo e os mariachis de México, Pinocho e cociñeiros de pizzas de Italia€

Todo isto e moita imaxinación fixeron que un recuncho do colexio de Porto Cabeiro fose por uns días, unha viaxe terrorífica polo mundo. Monstros verdes coa lingua fóra, ollos xigantes, pulmóns de papel e cerebros ao aire compartiron festa.

Isto acontecía o pasado 29 de outubro, cando os alumnos foron sorprendidos no centro educativo redondelán, polas súas cabazas acesas. Ao seu redor cantaron as cancións que durante a semana aprenderon ca profesora de Música tituladas "No Samaín", os alumnos de Primaria, e "Os esqueletos", os alumnos de Infantil.

O traballo sobre a celebración do Samaín en Galicia continuou nas aulas con máis actividades.

Cando rematou a mañá, cada alumno levou para a casa a súa cabaza para acender esa mesma noite, data en que se celebraba o fin da tempada da colleita na cultura celta e comezaba o seu aninovo.

Compartir el artículo

stats